Devoradora de luces
O silencio é un refuxio
Ou é unha trampa?
Que fala coa psique
Facéndome crer nun estático ceo
Onde nada cambia
E na madrugada, afogada
Xa non queda ningunha verba suicida
Nin prosa que me faga seguir na liña
Son unha das tantas bonecas
Con boca e sen lingua
Non calan, calan, calan, calan, calan, calan
Non calan, calan, calan, calan, calan, calan
Non calan, calan, calan, calan, calan, calan
Non calan
O medo quéimame a mente
O caos aliméntase desas desgrazas
Que se desintegran cando todos calan
Seguindo un guión que non sirve pra nada
E non calan
Non calan, calan, calan, calan, calan, calan
Non calan, calan, calan, calan, calan, calan
Non calan, calan, calan, calan, calan, calan
Non calan
Eu quería ouvir o canto
Nesta noite de xiada
Eu quería ouvir o canto
Pero non escoito nada
Eu quería ouvir o canto
Para esconderme ata que acabara
Esta noite de xiada
Onde todos falan e non escoito nada
Vin o alecrín e só era unha quimera
Vin o alecrín e só era unha quimera
Vin o alecrín e só era unha quimera
Que quería que perdera unha parte de min

Vin o alecrín, era unha quimera
Que quería que quedara no escuro xardín