Negro Caravel

Sabela

Así, así che falín un día
Camiñiño de San Lois
Todo, todo oprimido de angustia
Todo ardente de pasión

Mentras que ti me escoitabas
Depinicando unha frol
Porque eu non vise os teus ollos
Que reflrexaban traiciós

Quixente tanto, meniña
Tívenche tan grande amor
Que para mín eras lúa
Branca aurora e craro sol

Auga limpa en fresca fonte
Rosa do xardín de Dios
Alentiño do meu peito
Vida do meu corazón

Dempois, dempois que si me dixeches
En proba de teu amor
Décheme, décheme un caraveliño
Que gardín no corazón

¡Negro caravel maldito
Que me fireu de dolor!
Mais a pasar polo río
¡O caravel afondou!

Quixente tanto, meniña
Tívenche tan grande amor
Que para mín eras lúa
Branca aurora e craro sol

Auga limpa en fresca fonte
Rosa do xardín de Dios
Alentiño do meu peito
Vida do meu corazón

Alentiño do meu peito
Vida do meu corazón

Tracker

All lyrics are property and copyright of their owners. All lyrics provided for educational purposes only.