Choiva

Caleb Sousa

Cando a choiva en mim caeu, eu vín que eran bágoas do ceo
Embaixo dos ollos seus, eu quixen chorar tamén
O laio das pedras en toda a rúa se escoita
Mais a présa da xente é moita e ninguén o quere oír

Auga que sondas a ialma miña dor podes ti consolar?
Fermosa canción é o teu son contra o mar, arrebatame e faime amar
Cando a choiva atopa os ríos, na ribeira os barcos mexe
Mais se caime coma fíos de prata entón sosegame

O ceo salouca vento polas eiras de Vigo
Sua babuña é o sofrimento dos corazóns sen abrigo
Auga que sondas a ialma miña dor podes ti consolar?
Fermosa canción é o teu son contra o mar que me fai amar

Mais ó cair da xistra a auga é moita, pero non podo danzar
Pois ó cair da xistra non hai loita, tampouco podo amar
Oe o torbón!
Nai, non hai o que temer

(Lara laraiá)

Cando a choiva pousa sobre a parella que se abraza
Coma unha saba os garda do mundo a súa volta
O froallo no aire se aguza e a xente sae dos cantos
O ceo xa non medra o pranto e axiña o cesará

Cando a choiva en mim caeu, eu vin que eran bágoas de Deus
Embaixo dos ollos seus eu quixen chorar tamén


All lyrics are property and copyright of their owners. All lyrics provided for educational purposes only.